I FESTIVAL DO ALTO NAVIA

Negueira de Muñiz

Dende ACTIVIDADES lúdicas e medioambientais, para todas as idades, ata MÚSICA en directo

Cartaz: Víctor Coyote https://www.victorcoyoteaparicio.org/

Ubicado nun espazo paradisíaco, en plena Reserva da Biosfera, e cun microclima de matiz mediterráneo, disfrutaremos dunha xornada no val do alto Navia, en Negueira de Muñiz, protexido por montañas e rodeado por viñedos centenarios. Nun entorno natural virxe: chapuzóns no embalse, música en directo, actividades lúdicas variadas, postos de comida, artesanía e bar. 

Tamén ofrecemos baixo reserva unha zona de acampada libre e de balde... 


Sábado 28 de xullo a partir das 15:00h. 


VEN A DISFRUTAR DO PARAÍSO!

Reservas online para acampar

Reserva o teu espazo para acampar, está limitado a 35 prazas para garantir a sostenibilidade medioambiental. Para RESERVAS e información (autocaravanas, etc.) enviar un e-mail antes do 27 de xullo. 

Confirmaremosche a túa reserva vía email. 

Negueira de Muñiz

O paraído segredo

vía: https://www.cepasyvinos.com

"No extremo oriental do interior da provincia de Lugo, no límite con Asturias, ubícase o Concello de Negueira de Muñiz, un lugar máxico que conta cunha paisaxe de singular beleza. Unha paraxe ideal para perderse e disfrutar do encanto da natureza. 

O Concello de Negueira de Muñiz delimita coas montañas "Pedras Apañadas" e "Busbeirón"; situado a 43° 07 10″ de latitude norte e 3° 12 20″ de lonxitude oeste. Limita ao norte e noroeste co municipio de Grandas de Salime (Asturias), polo oeste co término de A Fonsagrada, e ao sur e este cos concellos asturianos de San Antolin de Ibias e Pola de Allande. Nesta liña, cabe destacar que todo o territorio municipal, debido ao seu relieve montañoso, constitúe un marco idóneo para a práctica de deportes de montaña.

Que visitar?

-Visita a Negueira de Muñiz. A capital do municipio está ubicada nun tranquilo val a aurela do Navia e rodeada de montañas. As súas construccións responden ao modelo de arquitectura popular da comarca, amplias e de consistentes muros de pedra, con tellados de pizarra a catro augas.

-Tamén é moi recomendable dar unha volta polos restos prehistóricos de Foxo e Vilauxín.

-Visita o val de Ernes. Val de pintoresca perspectiva, encadrado nas estribacións da Serra da Curula.

-E para os amantes do sendeirismo, é obrigada a Ruta do embalse de Salime.

-Tamén recomendamos aos visitantes que disfruten dunha visita á área recreativa "Virxe da Veiga"

O seu clima

Dende o punto de vista climático, o distanciamento da costa e a súa elevada altitude media dan lugar a un clima extremo, con invernos frescos e frecuentes choivas, en moitas ocasións en forma de neve. Non obstante, a distribución do relieve condiciona o xurdimento de microclimas como o que disfruta a capital municipal, de invernos máis suaves e veráns calurosos.

Un pouco de historia con nome propio

(...) A historia recente de Negueira está marcada por dous acontecementos: a construción do embalse de Salime e a creación da comuna de Foxo no ano 1977. Coa construción do embalse de Grandas de Salime na década dos cincuenta, o municipio de Negueira viu como as aldeas de Foxo, Vilar, Vilauxín, Cancio e Ernes quedaban illadas do resto do municipio a falta dunha ponte que os unira. Moitos dos veciños perderon as súas terras e as súas vivendas a cambio de mínimas indemnizacións, véndose obrigados a emigrar na súa maior parte á Comarca da Terra Chá, onde formaron as colonias de Arneiro e Veiga do Pumar. Na década dos anos setenta foi fundada a comuna de Foxo, á que chegaron xentes de diversas procedencias. Hoxe en día, a pesar de non estar organizados como comuna, continúan defendendo unha forma de vida libre.

Arte en Negueira de Muñiz

O monumento máis destacado de Negueira é o conxunto que forma a iglexa parroquial e a rectoral; o templo, de finais do século XV a principios do XVI, ten o frontis con espadana e a porta adintelada. O típico pórtico de pequenas arcadas con pilares, a nave a dúas augas e a planta de cruz latina conforman a súa arquitectura externa. No interior ten dúas capelas nos laterais da nave e capela maior cun retablo barroco do século XVIII na que destaca a imaxe do Salvador. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de arista. Na capela norte hai dous retablos dun so corpo; nun deles encótrase un Sagrario co Agnus Dei do século XVIII. A capela lateral sur tamén posee dous retablos, o esquerdo de estilo barroco fechado a finais do século XVIII ten unha imaxe do Salvador sedente, románico. Ademáis, nesta iglexa consévase orfebrería como, por exemplo, unha cruz de plata do século XIX.

Santiago de Ouviaño é outra mostra de arquitectura relixiosa. Trátase dun templo rural de nave rectangular con tellado a dúas augas. No lateral sur posee un rústico pórtico, lugar de reunión e sala de espera dos feligreses, tal e como atestigua o banco que alberga no seu interior. Dentro encontramonos cun retablo de finais do século XIX. Continuando coa arquitectura relixiosa, son dignas de mención as numerosas capelas que se dispersan polo municipio; a maioría conserva a típica entrada con pórtico tal e como se observa nas de Seira e Vilaseca.

A arquitectura civil ten en Negueira un exemplo reseñable: a ponte de Boadil, construido a principios del S. XX formado na súa orixe por un so arco central e nove de apoio. Coa construcción do embalse de Salime foi necesario elevalo, superpóndolle outro hacia arriba para que tivese máis altura. En canto á arquitectura popular, as casas da comarca responden a unha tipoloxía peculiar con grosos muros de pedra, tellado de pizarra a catro augas e amplitude interior. Outra construcción típica son os hórreos".

Este festival xorde cunha finalidade dinamizadora, para poñer en valor a riqueza patrimonial, natural, etnográfica e cultural desta zona da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e terras de Burón. © 2018 ADN / Asociación para o desenrolo de Negueira de Muñiz
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar